Festival Imaxinaria: "Queremos achegar ao público todas as posibilidades expresivas deste medio"
O Imaxinaria quere dar a coñecer a animación audiovisual máis vangardista e ser punto de encontro de profesionais do sector
A cineasta checa Michaela Pavlátová, un referente da animación internacional, recibirá o galardón Madriña do Festival, que tamén acolle a Lorenzo Mattotti
Ademais da Sección Oficial, cun total de 44 curtas, ofrece un Programa Paralelo con charlas, retrospectivas e foco no 8M
Cun vídeo con animación de Manu Viqueira, con música de Víctor García sobre un cartel de Cristina Daura. Así se presenta a segunda edicion do festival Imaxinaria que ata este domingo, 10 de marzo, volve levar á cidade a animación audivisual máis vangardista e menos convencional.
Corenta e catro curtas compiten na Sección Oficial nesta edición amadriñada, ademais, por unha das referentes internacionais da animación. De todo isto falamos cos que dirixen este evento, Matilde Rodríguez e Alberto Vázquez.