Faneka, Marcos Coll e Marián, nas músicas de Marta Gómez
Nómade, o novo videoclip de Marcos Coll gravado en Fisterra coa voz de Rosalía Fernández Rial
Marián canta a liberación nun videoclip asinado por Trece Amarillo
Faneka canta en galego para homenaxear a terra das súas avoas
O armonicista Marcos Coll presenta o último videoclip do tema que da nome ao seu disco Nómade, un percorrido por músicas de México, latinoamericanas e galegas en que participan Rosalía Fernández Rial, Claudia Abril ou Alfons Franco entre outros
Marián é unha nova cantautora emerxente que adianta o seu primeiro disco con Canto de Liberación, un poema feito canción que "invoca a muller salvaxe".
Faneka é un grupo con base en Madrid que conta entre as súas filas con dúas descendentes de galegos. Lalala, o tema que adianta o seu vindeiro disco, é a súa primeira canción en galego e con ela homenaxean a terra das súas avoas.