Publicador de contidos

Publicador de contidos

Faia: "Os arrolos dulcificáronse, pero son melancólicos e duros, as mulleres cantábanos en soidade"

Faia: "Os arrolos dulcificáronse, pero son melancólicos e duros, as mulleres cantábanos en soidade"

'Alvela' componse de arrolos, romances e outras cantigas tradicionais escollidas e observadas dende o filtro da maternidade e o corpo

No disco colaboran Bleuenn Le Friec na arpa, Antía Ameixeiras no violín, Antía Muíño na guitarra ou Suelen Estar Cuartet nas cordas

O concepto visual é de Melania Freire e a artista Blanca Gracia fixo as acuarelas e animacións que acompañan as cancións

G24.gal 13/05/2025 14:48 Última actualización 13/05/2025 16:34

Entendo os cantos de transmisión oral como unha sorte de resistencia feminista, porque neles abrimos o oído á denuncia latente en cada melodía, palabra e silencio. A frase é de Faia Díaz, que acaba de presentar 'Alvela', un disco combativo e de resposta. Un disco que agromou, di ela, entre as sabas dunha cama na montaña de Lugo. 

Escolleu arrolos e cantigas tradicionais. Experimentou con elas, pasounas pola pel e polo corpo, mirounas amodo desde a experiencia da maternidade, desde a vivencia persoal e feminista e sumouse ao eco colectivo das voces de moitas mulleres. 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade