Eva Veiga: "Este premio recoñece uns tempos pioneiros"
Eva Veiga recibe esta noite o Premio de Honra Fernando Rey na gala dos Mestre Mateo
Dirixiu e presentou Galicia no tempo, a primeira serie documental sobre a historia da arte en Galicia
Como actriz participou no filme A cicatriz branca e na actualidade coguionizou Prefiro condenarme
Eva Veiga é un nome vencellado ao audiovisual dunha maneira indisoluble. A que despois triunfou como poeta, antes foi parte dos inicios desta televisión cando crear a TVG era un soño e un dereito realizable. Os seus últimos pasos levárona recentemente ao cine, na pantalla e no guión, e esta noite eses pasos levarana a recoller o Mestre Mateo de Honor esta noite.
Ela foi unha das xornalistas que abriu a emisión da TVG polo 1985, que construíu durante anos unha nova televisión na nosa lingua e na que nos podiamos recoñecer como pobo. Desde a TVG, á poesía, tamén ás veces mesturada con imaxes, e logo ao cine e ao guión… A vida de Eva volve sempre ao audiovisual e ben merece esta noite esa homenaxe.