Publicador de contidos

Publicador de contidos

Amós García: "A primavera podería marcar un punto de inflexión na pandemia"

Amós García: "A primavera podería marcar un punto de inflexión na pandemia"

O epidemiólogo pide prudencia á hora de marcar unha data para a retirada total das máscaras

G24.gal 06/03/2022 20:55

A presión hospitalaria pola covid baixa e tamén a incidencia acumulada en España, que continúa por baixo dos 500 casos, por cada 100.000 habitantes nos últimos 14 días.

Á vista da evolución dos datos, o epidemiólogo Amós García agarda a curto prazo unha situación diferente á que vivimos nas vagas anteriores.

"O escenario futuro pode ser positivo, se seguimos avanzando. Seguimos avanzando cara adiante pero recordamos que o virus aínda está aí e aínda nos pode dar algún susto. Se seguimos facendo as cousas ben poderemos conseguir un punto de inflexión esta primavera".

Con todo, a dúas semanas da entrada da primavera o presidente da Asociación Española de Vacinoloxía desbota fixar unha data na que poidamos esquecernos das máscaras.

"Debe facerse cando os indicadores amosen claramente que estamos rompendo a transmisión do virus, iso pode ser mañá, pasado ou dentro dun mes... Eu por iso prefiro antes de dicir nesta data quitamos a máscara en interiores, prefiro que se diga que conseguimos cortar a transmisión do virus e imos quitar a máscara en interiores".

Despois de case dous anos coa máscara posta en interiores parece que tamén esta medida terá a súa fin. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade