Curtas galegas en Cans, con Begoña Vázquez
Véxote, dirixida por Óscar Pardo, aborda a saúde mental con Xulio Abonjo e Marta Lado como protagonistas
Nai é a primeira curta de Tito Refoxo e conta con Moura para a súa banda sonora
Calladita, do barcelonés Miguel Faus, é un filme producido por Steven Soderbergh
O martes, arranca tamén o Festival de Cans. Pendente xa do que alí vai acontecer, Begoña Vázquez quere falarnos hoxe, entre outras, de dúas películas que se van poder ver alí en Cans e tamén o filme de carteleira Calladita.
Véxote é unha fita que dirixe Óscar Pardo e que inclúe partes de animación de David Fidalgo e Nai é a primeira curtametraxe do actor Tito Refoxo.
Calladita, do barcelonés Miguel Faus, é un filme entre o terror e a denuncia social que conta a vinganza dunha empregada do fogar enganada polos seus contratadores.