Publicador de contidos

Publicador de contidos

CRNDS e Juait: "Non queriamos que os sons tradicionais na electrónica quedaran como algo anecdótico"

CRNDS e Juait: "Non queriamos que os sons tradicionais na electrónica quedaran como algo anecdótico"

O Lindisfarne Sample Pack acaba de ser presentado no Wos Festival de Santiago

Os produtores trataron que a pandeireta soase directa e con todos o seus matices 

CRNDAS e Juait no seu estudio de gravación
G24.gal 15/09/2025 14:47 Última actualización 15/09/2025 16:33

Unha pandeireta espida, no medio dun estudio de gravación. Un toque tradicional, un xeito, un único tocador. E desde aquí, unha viaxe vibrante, sónica, cara a outros espazos musicais distantes pero cada vez mais transitados.

Os instrumentos tradicionais son xa unha ferramenta habitual para a creación e a produción electrónica. Así que, por pura necesidade, Crnds e Juait, crearon o primeiro paquete de samples de sons tradicionais galegos. É dicir, patróns rítmicos que se poden reproducir en bucle para crear sensacións sonoras ou temas musicais.

Os dous compoñen e producen música. Juait, nas súas sesións ao vivo e Crnads, que xa xogara coa hibridación de electrónica e o son tradicional nos seus traballos, botaban en falta atopar, por exemplo o son limpo dunha pandeireta, un son coa calidade óptima para incorporar nas súas creacións e nas súas sesións en directo.

Nesta primeira entrega do paquete de samples colaboraron con Xabier Díaz e preparan xa a próxima entrega con gravacións de Fransy González.  A pandeireta no centro gravada como nunca antes se fixera. Con cinco micros, a sonorización dunha batería.

Comezaron coa pandeireta, pero o proxecto vaise ampliar con outros instrumentos de percusión tradicional como o pandeiro ou o bombo para comezar a explorar nas súas calidades específicas. A intención deste traballo é tamén que se poidan implementar os ritmos tradicionais nas bases da creación electrónica e para iso o paquete inclúe arquivos que impiden que o ritmo se unifique cos tempos que marca a grade na que traballan e poida manter as súas propias desviacións.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos