Publicador de contidos

Publicador de contidos

Carlos Rego: "Sospeito que Bibiano atopou no traballo como promotor, ser por fin profesional da música"

Carlos Rego: "Sospeito que Bibiano atopou no traballo como promotor, ser por fin profesional da música"

Carlos Rego recupera a figura musical de Bibiano, engulida pola faceta de promotor de concertos, na biografía 'Bibiano. Cambiar para ser un mesmo'

O tempo da canción protesta en Voces Ceibes segue a ser o máis lembrado de Bibiano

Cultivou tamén o pop, foi peza da Movida Viguesa e trunfou como produtor de concertos  nos 90
 

G24.gal 16/03/2025 11:30 Última actualización 13/03/2025 16:24

Bibiano Morón foi un cantautor e produtor galego cunha traxectoria inigualable. Uns lembrarano por ser quen trouxo a Madonna a Galicia ou por propiciar o primeiro concerto de Siniestro Total en Vigo, outros por ser membro de Voces Ceibes, polo tempo con Benedicto, e a canción protesta, ou como un dos creadores do sindicato dos músicos, e membro do Partido Comunista.

Unha evolución vital constante e ás veces aparentemente contraditoria que resume Carlos Rego nunha biografía titulada 'Bibiano. Cambiar para ser un mesmo' que acaba de ser editada por Galaxia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos