Publicador de contidos

Publicador de contidos

Historias clásicas, apocalípticas e bestsellers levados ao cómic con Carlos Negro

Historias clásicas, apocalípticas e bestsellers levados ao cómic con Carlos Negro

As Memorias dun neno labrego, de Neira Vilas, convertida nunha historia visual pola novísima Iria Aldegunde

Cinza, o libro xeracional de Xavier Alcalá, sintetizado nas viñetas de Manel Cráneo

Os suicidantes, de Ameixeiras e Guerrero, presenta unha Compostela apocalíptica nunha historia negra en ton e estética

G24.gal 05/03/2024 15:17 Última actualización 05/03/2024 16:43

A morte, a vida, as grandes decisións, o futuro... son temas que están na literatura e hoxe veñen en forma de banda deseñada. Carlos Negro tráenos tres libros novos, tres cómics de autor: Cinza, de Manel Cráneo e Xavier Alcalá (Demo editorial); Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas ilustrado por Iria Aldegunde (Galaxia), e Os suicidantes, de Diego Ameixeiras e Tomás Guerrero (Xerais).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade