Cargando resultados...
Carlos Martínez-Peñalver: "O son neste filme é unha metáfora da perda do territorio"
Chega aos cineas galegos A procura da estrela, de Carlos Martínez-Peñalver
Foi o filme que inaugurou o festival Novos Cinemas de Pontevedra, e tamén pasou polo festival de Xixón e Porto
O filme foi rodado na Serra da Estrela, en Portugal
G24.gal
31/01/2024 14:16
Última actualización 31/01/2024 16:15
Chega ás pantallas galegas o filme Á procura da estrela, de Carlos Martínez-Peñalver que ten pases estes días nos cines Norte de Vigo e na Filmoteca da Coruña. A partir dunha lenda portuguesa da serra da Estrela, o director vigués compón unha película que fala de problemas, como o despoboamento, a través dun feixe de actores amadores, e o actor galego Joel Fontán, no papel dun fonografista que busca na montaña sons en perigo de extinción.