Carlos F. Bollo: "O órgano é un instrumento que che dá moito máis do que ti lle poidas dar"
Carlos F. Bollo abre hoxe o ciclo 'De lugares e órganos' na igrexa compostelá de San Paio de Antealtares
Gañou o primeiro premio do prestixioso 'V Concurso Nacional de Órgano Francisco Salinas'
Hoxe interpretará en Compostela obras de Sweelinck, Correa de Arauxo ou Scheidemann
Temos en Galicia un patrimonio extraodinario de órganos distribuídos por igrexas, conventos e catedrais. Compostela revive os seus órganos cada ano co ciclo 'De lugares e órganos'.
Esta tardiña inaugúrase en San Paio de Antealtares co novísimo organista Carlos Fernández Bollo. Ten 23 anos, é galego, e xa se fixo un oco no panorama do complexo mundo do órganos.
Carlos Fernández Bollo vive na actualidade en Groningen, nos Países Baixos, onde estuda o mestrado no conservatorio de Prins Claus da Universidade de Hanze, pero é ao mesmo tempo o organista titular da catedral de Mondoñedo.