Publicador de contidos
Publicador de contidos

Camilo Franco: "En Culturgal a contaminación entre disciplinas é obrigada, pero a acústica ímola eliminar"

Camilo Franco: "En Culturgal a contaminación entre disciplinas é obrigada, pero a acústica ímola eliminar"

No programa deste ano, 200 actividades, 100 expositores e 500 artistas que pasarán polos seis escenario da feira

Entre as novidades, a creación dun espazo cerrado para as escénicas ou a ampliación do espazo de arte

17ª Feira das Culturas Galegas, do 29 de novembro ao 1 de decembro en Pontevedra

G24.gal 28/11/2024 14:48 Última actualización 28/11/2024 17:07

"Que pasou co conflitivo divorcio da industria e a cultura galega? Non foi máis ca un matrimonio de conveniencia?" Quizais na 'Ultranoite Cultureta' que os Chévere estrean no Culturgal nos respondan a esta pregunta.

O que sabemos é que arranca mañá a Feira das Culturas Galegas en Pontevedra. Ata o domingo teremos a oportunidade de entrar en contacto co que se move na literatura, nas escénicas, no cine, na música ou na plástica.

Moitas actividades, un programa para todos os públicos e algunhas novidades das que imos falar co director da feira, Camilo Franco. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos