Baiuca, Green Day e Pet Shop Boys, no Son do Camiño
Green Day celebran o 30 aniversario do Dookie e o 20 de 'American Idiot'
Os Pet Shop Boys abren a súa xira europea no Monte do Gozo, onde a pecharon no 2010
Baiuca adianta temas do seu vindeiro álbum que publica en setembro
Nova edición do Son do Camiño, o festival máis multitudinario do verán galego. Os cabezas de cartel indiscutible son Green Day, esgotando entradas dende hai meses. Acaban de publicar 'Savior', un disco que definen como cruce perfecto entre American Idiot e Dookie, os seus discos máis exitosos.
Pet Shop Boys pola súa banda, cumpren 40 anos en activo e presentarán as cancións de 'Nonetheless', no que volven apostar pola electrónica elegante e os arranxos orquestrais
Baiuca é un dos representantes da música galega xunto con Amoebo, Grobas, Maryland, Carlos Ares e Monolious Dop.