Publicador de contidos

Publicador de contidos

As inmobiliarias temen que o decreto para limitar os alugueiros provoque que saian ao mercado menos vivendas

As inmobiliarias temen que o decreto para limitar os alugueiros provoque que saian ao mercado menos vivendas

Milleiros de inquilinos poden pedir xa unha prórroga dos contratos sen que lles suban a renda

A norma axudará centos de familias nun sector en que os prezos están cada vez máis altos

Os profesionais dubidan do efecto que tería a medida a medio prazo se non se referenda

G24.gal 30/03/2026 14:57

Porta aberta para o decreto para limitar os prezos dos alugueiros. Milleiros de inquilinos xa poden pedir unha prórroga dos seus contratos, cun máximo de dous anos, e limitando as subas ao dous por cento por anualidade.

A medida, aprobada polo Goberno, suporá unha tranquilidade evidente para moitos cidadáns, que non terán que preocuparse por aumentos inesperados coa seguridade de poder seguir vivindo na súa residencia actual. Agás, claro, se o propietario necesita dispoñer da casa, algo que debe demostrar.

A prórroga non é automática, son os inquilinos os que deben pedila. De momento, as inmobiliarias non están recibindo moitas solicitudes pero si lles chegan dúbidas. Sobre todo de propietarios que temen perder o control das súas vivendas. Iso, din, pode facer que se poiñan menos inmobles no mercado.

"Se o propietario ten máis inseguridade xurídica, ese parque de vivenda non alugado segue aumentando", expresa Pablo Campos, da inmobiliaria Beneite de Vigo.

"Están tendo un poco esa sensación os propietarios, que están perdendo o control da súa vivenda", engade Josúe Gándara, da inmobiliaria Doval e membro da Asociación Galega de Inmobiliarias.

A prórroga, iso é seguro, axudará milleiros de inquilinos. Porque, ademais, buscar unha nova vivenda está cada vez máis difíciles. Os prezos dos alugueiros están disparados nas cidades e as poucas ofertas que saen ao mercado, voan. É o caso da familia de Arancha, que ten que deixar o piso no que vive. Eles non se poden acoller á prórroga porque o propietario necesita a casa. E están buscando outra residencia sabendo que lles sairá moito máis cara.

"Nós temos que marchar e está complicado, sexa alugueiro ou compra, está todo moi caro", di esta nai viguesa.

A medida xa está en vigor pero non é defintiva porque para iso o Goberno necesita o apoio doutros grupos nas Cortes e, a día de hoxe, non parece que o vaia conseguir. Polo tanto, é conveniente pedir a prórroga canto antes, e facelo de xeito patente, para que quede rexistro de que se solicitou. Logo, se finalmente o decreto-lei decae, habería que ver que sucede cos contratos ampliados durante a vixencia da norma.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade