Cargando resultados...
Anxo Outomuro: "A peza convídanos a querer mirarnos no espello, e ser quen queremos ser"
Anxo Outumuro interpreta a Mario, un mozo que abandona a súa aldea onde non acaba de encaixar para ir vivir ao Vigo industrial dos anos 70
Xoguetes rotos é unha adaptación por parte da compañía Barrosanta do texto de Carolina Román
Este venres estréase no Teatro Principal de Ourense dentro da programación do FITO e o próximo oito de novembro estarán en Vigo
G24.gal
23/10/2025 13:41
Última actualización 23/10/2025 17:10
A compañía Barrosanta leva á escena o exitoso texto de Carolina Román, Xoguetes Rotos. Unha historia de transexualidade, de amizade e de aceptación de un mesmo. Anxo Outumuro e Dany Lago son os actores desta obra que a podemos ver mañá no Teatro Principal de Ourense dentro do FITO, o Festival Internacional de Teatro.