Cargando resultados...
O repertorio das Cegas de Ouselle volve ás rúas cen anos despois
As Cegas de Ouselle recuperan o repertorio dun trío feminino que tocaban polas feiras nos anos 30
O trío actualiza e interpretan romances e pezas para o baile, cunha posta en escena similar á que levaban as cegas
As Cegas de Ouselle: en Samos, o 30 de marzo; Outeiro de Rei, o 29 de abril, e en Gundivós, o 11 de maio
Antón Castro e Aldara Palmeiro, dous dos integrantes de As Cegas de Ouselle
G24.gal
15/03/2024 15:01
Última actualización 15/03/2024 17:15
"Indo eu de praceira, coma sempre acostumaba, ía vender uns bois e esqueceume a aguillada. Volvín á casa por ela e topei a porta pechada". Así comeza un romance que alá polos anos 30 xa se escoitaba nas feiras. Agora volvemos escoitalo grazas ás Cegas de Ouselle. Unha formación que recupera o repertorio dos cantos de cego e que nestas semanas está percorrer a provincia de Lugo canda unha exposición de olería tradicional.