Cargando resultados...
Antía Carreira: "As coviñas puideron ter un uso ritual coas augas curativas"
Os petróglifos de Adai teñen unhas marcas con forma de cazoliña que inspiran a Antía Carreira
Na súa residencia artística en Leira Haus investigou, reflexionou e creou usando como eixe a mitoloxía arredor da auga da súa contorna
A residencia ábrese á comunidade cun obradoiro nunha sorte de excursión á procura do mundo máxico que encerra a auga na contorna do río Mera
G24.gal
16/10/2025 14:44
Última actualización 16/10/2025 16:51
No espazo Leira Haus están interesadas en fomentar os procesos que se abren á comunidade. Dentro do programa de visión periférica pódese visitar na súa sala de Lugo o labor de investigación de Antía Carreira, que explorou as mitoloxías sobre a auga na súa parroquia.