Publicador de contidos

Publicador de contidos

"Anorak de pel de caribú" e "E se eu fosse eu?", premiadas como mellores poesías do ano 2021 en Galicia e en Portugal

"Anorak de pel de caribú" e "E se eu fosse eu?", premiadas como mellores poesías do ano 2021 en Galicia e en Portugal

"Peixe", de Xisco Feijóo, foi elixida Mellor Música do Ano 2021 en Galicia e "Andorinhas", de Ana Moura, elixida Mellor Música do Ano 2021 en Portugal

G24.gal 24/05/2022 09:39

Os máis de 5.000 votos emitidos polo público de aRi[t]mar, certame impulsado pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago, a través da Internet decidiron que o poema "Anorak de pel de caribú", de Lúa Mosquetera, fose elixido Mellor Poesía do Ano 2021 en Galicia. "E se eu fosse eu?", de Wilma Vieira, foi elixida Mellor Poesía do Ano 2021 en Portugal.

O podio completárono Inma Doval e Teresa Ríos, en Galicia, e Raquel Serejo e Sèrgio Godinho, en Portugal.

aRi[t]mar é unha iniciativa da Escola Oficial de Idiomas que ten por obxectivo dar a coñecer e difundir a poesía e a música editada en Galicia e Portugal e achegar a cultura e a lingua dos dous países, no marco das accións de desenvolvemento da Lei Valentín Paz-Andrade para o aproveitamento da lingua portuguesa e os vínculos coa lusofonía.

O certame consta de catro categorías: mellor tema musical galego, mellor tema musical portugués, mellor poema galego e mellor poema portugués.

"Peixe", de Xisco Feijóo, Mellor Música do Ano 2021 en Galicia

Os arredor de 5.500 votos emitidos polo público a través de Internet decidiron que "Peixe", de Xisco Feijóo, fose elixida Mellor Música do Ano 2021 en Galicia. "Andorinhas", de Ana Moura, foi elixida Mellor Música do Ano 2021 en Portugal.

A segunda e terceira cancións máis votadas na categoría galega foron "Pobo de artistas", de Dakidarría, e "Maneo de Cambre", de Caamaño&Ameixeiras. Na categoría lusa, a segunda e terceira cancións máis votadas foron "Estou por tudo", de Miguel Araújo, e "Eco", de Carolina Deslandes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos