Cargando resultados...
Ana Moas: "En Carabela non temos medo a nada, o proxecto medra con total liberdade"
Carabela estréa Nø, un videoclip co que pechan o traballo anterior e avanzan un novo EP con seis temas
En Nø o son é producido no momento e pásase por unhas radios antigas, creando así unha aura onírica que recorda á estética dos anos 80
Carabela son Ana Moas, voz Alba V. Burke, teclados e programacións, Pablo Agra, guitarras e programacións e Pablo Pazos, baixo eléctrico
Ana Moas, vocalista da banda Carabela
G24.gal
06/06/2024 15:21
Última actualización 06/06/2024 16:36
"Levo unha pena cravada, que a levo por dentro e me queima no peito...".
Así comeza o novo traballo de Carabela, un Nó que é, din eles, o comezo de todo. Imos cara a Noia, desde alí a banda Carabela avánzanos o seu próximo traballo e faino ademais cun videoclip cunha aura moi onírica dirixido por Jairo Iglesias.