Cargando resultados...
Agustín Agra: "A inmensa maioría interésanos a aventura, a historia e os 'bichos'"
Un triángulo amoroso, unha misteriosa desaparición e referencias ao ámbito da bioloxía ao que están vinculadas as protagonistas do libro e o propio autor enchen as páxinas de 'Libro das contrarias'
A través das páxinas do relato descubrimos tamén xeografías indómitas, como a tundra sueca ou as costas de Terra Nova
Cada capítulo do libro fai referencia a un lugar e introdúcese coas fotografías de Claudio Pato
G24.gal
02/06/2025 14:39
Última actualización 02/06/2025 16:19
Xeografías diversas, apuntes de bioloxía e un triángulo amoroso. Así poderíamos condensar a última obra de Agustín Agra, 'Libro das contrarias', premio Ánxel Fole de narración curta o ano pasado. A historia, que comeza coa desaparición dunha fotógrafa na Laponia sueca, acaban de publicala na editorial Xerais.