Cargando resultados...
Agar Ledo: "Territorio non é un espazo físico, tamén son as tradicións compartidas entre países"
'Territorio. Videoarte dende Centroamérica' é unha mostra aberta ata o 18 de xaneiro no CGAC de Santiago
É unha das escenas máis descoñecidas de América Latina e, con todo, unha das máis radicais e experimentais
Moitos artistas galegos exiliados na Guerra Civil, como Eugenio Granell, viviron en países centroamericanos
G24.gal
20/10/2025 14:51
Última actualización 20/10/2025 16:48
Cruzamos o Atlántico para achegarnos a través de videoarte e da videoperformance ao territorio de América Central. Facémolo desde a primeira mostra monográfica que se realiza en España sobre a arte contemporánea desta rexión.
Dezaseis artistas participan nesta exposición que podemos visitar xa no CGAC e da que nos fala hoxe Agar Ledo.