Abel Azcona: "É unha obriga do artista transformar o espectador da forma que sexa"
Azcona presenta 'Longo ensaio a rentes do dereito de non ter nacido e outros devires', unha perfomace de resistencia física e mental
Durante tres días impartirá un taller intensivo de achegamento ao 'Método de arte e performance autobiográfica' de Azcona
Abel Azcona, perfomance , exposición e talleres do 16 ao 19 de maio na asociaición A Casa Branca, Compostela
"O corpo paréceme unha ferramenta brutal: artística e política...Poucas armas hai máis políticas que o corpo. É unha das ferramentas máis poderosas que temos e por iso o uso".
É unha reflexión é de Abel Ázcona, un dos artistas máis provocantes da arte contemporánea e da performance en particular. Estes días está en Compostela impartindo talleres e presentando unha das súas performances máis duras e íntimas.