Cargando resultados...
A vida filmada por Xavier Pousa, '18 pinceladas por minuto'
O MOCA expón na rede filmacións realizadas polo pintor de Goián Xavier Pousa, datadas entre 1968 e 1987
Nos seus flmes o pintor retratou escritores: Manuel María, Blanco Amor, Manuel María, Ferrín, Cunqueiro recollendo o Pedrón de Ouro...
Pousa inmortalizou amais momentos históricos dende unha posición que roza o reporteirismo
G24.gal
25/04/2024 14:48
Última actualización 25/04/2024 16:26
O museo en liña de cine autobiográfico MOCA expón o arquivo persoal do pintor Xavier Pousa, recoñecido como gran paisaxista galego que se desvela agora como un observador tranquilo e curioso, que filmou tanto momentos históricos como os espazos íntimos que marcaron a súa obra.