Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		A escoita da comunidade e da súa contorna no proxecto 'Da terra semente, da semente terra'
En agosto, no pazo de Tor, en Monforte de Lemos, a plataforma Vacío cero desenvolveu un tempo de convivencias artísticas.
Entre as artistas convocadas: Carla Andrade, María Roja, Tamara Wasaf ou Eva Antelo
 
                            G24.gal
                        
                            14/11/2022 16:26
                        
                        
                        
                        
                    
                    Coñecemos un proxecto da rede museística de Lugo que puxo en marcha o pasado mes de agosto: Da terra semente, da semente terra. Son residencias artísticas de cocreación coa comunidade e a contorna rural. Do traballo das artistas Carla Andrade, Tamara Wassaf, María Roja e Eva Antelo permanece o resultado no pazo de Tor, en Monforte de Lemos. Podedes velo ata o 8 de xaneiro.