Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		Entre leiras e labores: creadoras nómades entre a palabra e a imaxe
Inma Doval Porto é a editora do libro Entre leiras e labores, editado por Urutau
As autoras son, entre outras, Ángeles Penas, Charo Lopes, Helena Vilar Janeiro, Emma Pedreira ou Viki Rivadulla
 
                            G24.gal
                        
                            02/06/2023 15:16
                        
                        
                                Última actualización 02/06/2023 16:25
                        
                        
                    
                    Poetas que fan arte ou artistas que fan poemas. Así poderiamos definir as 14 creadoras incluídas na antoloxía verbo-visual 'Entre leiras e labores'. Un libro que demostra que cada vez hai menos barreiras entre disciplinas artísticas e que a imaxe e a palabra están en constante diálogo.
A edición da antoloxía corre a cargo da tamén poeta e investigadora Inma Doval-Porto.
 
         
                
                
				   
             
    
         
                 
    
         
    
         
    
         
            
                 
            
        