O Baxi Ferrol xa coñece os que serán os seus primeiros rivais na Eurocup
O equipo galego substitúe o Asvel e medirase co Benfica, co Zaglebie Sosnowiec e cun terceiro rival que sairá da eliminatoria entre o Ostrava, da República Checa, e o Troistorrents-Chablais, de Suíza

O Baxi Ferrol xa sabe a que equipos terá que enfrontarse na próxima edición da Eurocup, despois de que a FIBA (Federación Internacional de Baloncesto) confirmara a súa presenza directa na fase de grupos tras a renuncia do Asvel francés. O conxunto de Lino López competirá no grupo K da competición europea.
O Baxi abrirá a súa participación no torneo ante o Benfica portugués e o Zaglebie Sosnowiec polaco. Tras estos dous encontros, terá que verse cara a cara co vencedor do partido da fase previa entre o Ostrava, da República Checa, e o Troistorrents-Chablais, de Suíza.
Con esta composición, o cadro universitario será o único representante do baloncesto español neste grupo, evitando o Jairis, o Avenida e o Movistar Estudantes.