Un incendio e un asolagamento en apenas doce horas nun edificio ocupado na ronda de Nelle
A veciñanza esixe solucións urxentes
Sobresaltados, así viviron as últimas horas os veciños da ronda de Nelle por mor do número 120, un inmoble completamente ocupado de xeito ilegal.
"Sentimos un ruído enorme, saímos á ventá e vimos que corría a auga dun xeito que nunca vira nada igual. E foi que un dos que vive aí fixo un burato para quitar o problema de auga que tiñan eles alí e caeu todo para o patio de luces", explica un veciño.
Pero é que horas antes xa tiveran que alertar os bombeiros porque do mesmo edificio saía fume.
E hai cinco meses o Concello xa asumira a limpeza interior do inmoble. Inseguridade, venda de droga polo miúdo, insalubridade, incendios, caída de cascotes e unha morea de problemas. Por todo isto, esixen unha solución urxente.