A nova xornada de folga do autobús urbano en Vigo deixa centos de usuarios sen transporte

Os traballadores continúan cos paros e anuncian unha folga indefinida a partir do día 25 

A folga responde a un conflito que permanece atascado desde o ano 2021 pola negociación para un novo convenio 

G24.gal 08/11/2023 14:13

Os servizos mínimos que manteñen en funcionamento preto do cincuenta por cento da frota de autobuses da empresa concesionaria son insuficientes para cubrir a demanda. 

Nas paradas centos de persoas agardaban poder coller o autobús. A maioría dos afectados son estudantes e traballadores que chegan con atraso aos seus destinos. 

Ademais das folgas de 24 horas, desde o mes de setembro hai paros parciais en determinadas franxas horarias de todos os días da semana. 

A folga responde a un conflito que permanece atascado desde o ano 2021. Desde entón as negociacións para un novo convenio están rotas. Os traballadores concentráronse no concello de Vigo para que pedir a implicación do alcalde. 

Ademais piden á empresa que restableza os servizos que se cancelaron durante a pandemia. Para este xoves está convocada unha nova xornada de paro total  e a partir do día vinte e cinco anuncian unha folga indefinida.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade