Contido con Xeográficas .
Portugal

Luís Montenegro anuncia novo Goberno portugués, con cambios respecto ao anterior
04/06/2025 18:57
Anunciou 16 ministerios, un menos ca na lexislatura anterior
A investidura do novo Executivo será este xoves, ás 18:00 hora local
O venres está programada a toma de posesión dos secretarios de Estado

Alemaña e Portugal retoman as procuras no Algarve polo caso Madeleine McCann
03/06/2025 15:45
Alemaña emitiu unha DEI para procurar probas que sosteñan o caso contra o principal sospeitoso: Christian Brückner
Brückner está en prisión pola violación en 2005 dunha muller estadounidense, pero podería quedar en liberdade o próximo setembro

Interceptan un narcosubmarino con 6.600 quilos de cocaína preto dos Azores
25/03/2025 12:46
A embarcación, cargada coa droga, diríxese cara ás illas dos Azores escoltada polas forzas de seguridade
Fontes próximas á investigación sinalan que hai varias persoas detidas, entre eles os cinco ocupantes do semisomerxible

Enterrar diñeiro, a práctica que estraga millóns de euros en Portugal
17/02/2025 15:40
Ocultar o diñeiro é a principal causa de que o Banco de Portugal tivera que repoñer na última década 316.000 billetes estragados por valor de 13,8 millóns de euros

A Garda Civil desartella unha banda que roubaba en xoierías do norte de Portugal
24/12/2024 10:13
A operación Alpina-Rasteiro culminou coa detención de catro persoas en España e outras cinco en Portugal, precisamente no momento en que atracaban unha xoiería na localidade portuguesa de Valença do Minho
Todos os integrantes da banda atópanse en prisión preventiva, cinco deles en Portugal e os outros catro en España

O Gran Camiño 2025 comezará en Portugal
17/12/2024 11:06
Será o 26 de febreiro, cunha etapa entre Maia e Matosinhos

Deteñen en Portugal o segundo dos cinco fuxidos dun cárcere luso o pasado setembro
22/11/2024 10:52
Trátase de Fernando Ribeiro Ferreira, de 61 anos, que cumpría 24 anos de prisión por 11 condenas

Desconvocada a folga de emerxencias médicas en Portugal
08/11/2024 16:23
O paro podería explicar a morte de 7 persoas que faleceron agardando por unha ambulancia

Portugal activa unha orde de detención internacional tras a fuga de cinco presos perigosos
08/09/2024 18:42
Protagonizaron o sábado unha fuga de película nun cárcere situado a 70 quilómetros ao norte de Lisboa
Contaron coa axuda do exterior, desde onde lles proporcionaron unha escada para subir por dous muros e agardaron por eles con dous coches para escapar

Un sismo de magnitude 5,3 ao sur de Lisboa sacode Portugal e chega a sentirse en Galicia
26/08/2024 08:42
O terremoto, ocorrido na madrugada deste luns, non deixa vítimas nin danos materiais graves

Localizado o septuaxenario que desapareceu dunha residencia de Vigo o pasado luns
05/07/2024 16:50
O home foi localizado na cidade de Braga, en Portugal

21 detidos por tráfico de meixóns e 800 quilos comisados en España e Portugal
25/05/2024 18:55
A investigación durante dous anos permite desmantelar unha banda criminal que tiña máis de 800 quilos de meixóns vivos, cun valor no mercado superior aos 7 millóns de euros

07/05/2024 20:53
A denuncia da Chega é polas declaracións do presidente a favor das reparacións ás excolonias de Portugal
A proposta non ten visos de prosperar, ao necesitar o apoio de dous terzos dos deputados
.png)
Expectación en ambos os lados da raia ante a redución das peaxes en Portugal
05/05/2024 14:26
Multiplicaranse os movementos e reforzará a economía das familias

Visitamos unha planta de Altri en Portugal
20/04/2024 15:30
A empresa é líder na fabricación de celulosa no país veciño

O presidente de Portugal comezará este martes as consultas cos partidos
11/03/2024 17:14
Primeiro recibirá o Partido Animalista e o último será Alianza Democrática o 20 de marzo
A centrodereita gaña en Portugal pola mínima e Montenegro buscará formar Goberno

A dimisión de Costa debuxa un horizonte de incerteza en Portugal
18/11/2023 15:30
O país irá a eleccións o 10 de marzo co partido maioritario en plena remuda de líder
A relación do centro dereita do PSE cos radicais de Chega, principal incógnita

Un incendio no centro de Portugal causa catro feridos
23/08/2023 19:50
Máis de catrocentos bombeiros traballan para combater as lapas

Nado o primeiro bebé en Portugal por inseminación post mortem tras a súa legalización
17/08/2023 15:58
Ângela Ferreira foi a promotora da lei e agora, a primeira muller en ter un fillo baixo esta lei
A norma entrou en vigor en novembro de 2021

O lume en agosto queima en Portugal máis da metade da superficie de todo o ano
09/08/2023 08:47
O lume máis preocupante calcinou máis de 7.000 hectáreas, sobre todo de piñeiro

Portugal pide axuda a España para combater un incendio próximo á fronteira en Estremadura
06/08/2023 12:35
O lume deixa un ronsel de davastación, con máis de 6.000 hectáreas arrasadas e seis feridos leves
Afecta a localidade de Castelo Branco, próxima a Cáceres

A XMX de Lisboa arrinca hoxe con récord de españois e a visita do Papa desde o mércores
01/08/2023 08:48
O papa Francisco pronunciará oito discursos, dúas homilías, un saúdo e unha oración en Fátima, ademais do Ángelus do domingo
O papa Francisco pedirá desde Portugal a paz para Ucraína e para o mundo

A Garda Civil reforza os controis fronteirizos pola Xornada da Xuventude en Portugal
30/07/2023 11:06
Ademais participa no dispositivo de seguridade do santuario de Fátima, onde estará o papa Francisco este sábado

Controlado o incendio próximo a Cascais, Portugal, que deixou 13 feridos leves
26/07/2023 08:24
Uns 500 efectivos traballan aínda na zona para evitar que o vento poida reactivar o incendio

Os controis na fronteira galega con Portugal pola visita do papa comezan sen atascos
24/07/2023 14:14
A GNR vixía 9 pasos fronteiros entre Portugal e Galicia onde os condutores teñen que identificarse
O dispositivo de seguridade estará activo ata o sete de agosto e non causou retencións de importancia

Portugal retoma o control de fronteiras desde mañá ao 7 de agosto pola visita do Papa
21/07/2023 08:41
A resolución establece 21 pasos autorizados ao longo da fronteira terrestre entre Portugal e España

Portugal recupera o control de fronteiras do 22 de xullo ao 7 de agosto pola visita do Papa
14/07/2023 16:27
Lisboa acolle a celebración da Xornada Mundial da Xuventude (XMX) entre o 1 e o 6 de agosto

Portugal prohibe que os barcos turísticos se acheguen ás candorcas
12/07/2023 20:28
A medida estará vixente ata finais de ano e débese ao comportamento agresivo dos cetáceos

O Festival Ikfem, un punto de encontro entre artistas hispanos e lusófonos en Tui e Valença
06/07/2023 13:49
Xuntaranse artistas de países como España, Portugal, O Brasil, Cuba ou Cabo Verde

O presidente de Portugal poderá ter a alta médica hoxe tras o seu desmaio
05/07/2023 17:40
En 2018 desmaiouse durante unha visita a Braga por unha baixada de tensión

Portugal quere impulsar a conexión en tren entre Ourense e Lisboa en tres horas e media en 2030
02/07/2023 13:09
Se o proxecto sae adiante, a conexión ferroviaria será o medio máis rápido e económico entre Ourense e Lisboa

Macrooperación en Portugal contra o tráfico de persoas e o marisqueo furtivo
21/06/2023 20:31
Investigan o uso de inmigrantes en situación irregular para a extracción ilegal de bivalbos
A organización criminal tiña 243 inmigrantes vivindo nun almacén

Portugal lembra as vítimas dos incendios de Pedrógão seis anos despois
17/06/2023 16:18
O 17 de xuño de 2017 declarouse un incendio na localidade de Pedrógão Grande, no centro do país, e propagouse rapidamente ás rexións circundantes, deixando 66 vítimas mortais e máis de 250 feridos

Fanse pasar por policías españois en Portugal para apoderarse dunhas xoias
09/06/2023 16:16
Querían incautalas nunha tenda dicindo que eran roubadas

Declarado morto, reclamada a herdanza ao volver de Venezuela quince anos despois
05/06/2023 09:36
A muller e dúas fillas volveron á súa casa en Portugal e tramitaron a morte do home

Portugal dá o visto e prace á extracción de litio na mina portuguesa de Barroso
01/06/2023 17:28
A mina a ceo aberto máis grande do continente está a 30 km de Ourense

A prensa lusa di que a Policía topou probas no Algarve do caso Madeleine
27/05/2023 17:31
Axentes do Reino Unido, Alemaña e Portugal volveron examinar o encoro de Arade, en Silves, rastrexado en 2008
A fiscalía xermana asegura ter indicios sólidos de que Christian Brueckner se desfixo do corpo da menor neste lugar

Deteñen en Portugal o suposto autor de dous roubos con forza en Galicia
27/05/2023 10:56
Os feitos delituosos sucederon durante o verán de 2022 en Fisterra e Zas cando entraron en dúas vivendas

Buscan a Madeleine McCann no encoro de Arade 16 anos despois da súa desaparición
23/05/2023 12:21
Esa contorna é un dos lugares frecuentados polo principal sospeitoso do caso, Christian Brueckner
Este home conta cun amplo historial de crimes por abusos sexuais e pederastia, algúns deles en Portugal

7 detidos nunha operación contra a corrupción en Portugal
16/05/2023 20:25
Entre os arrestados, o vicealcalde de Vila Nova de Gaia
Investigan o pago de subornos a cambio de contratos públicos