Enterrar diñeiro, a práctica que estraga millóns de euros en Portugal
Ocultar o diñeiro é a principal causa de que o Banco de Portugal tivera que repoñer na última década 316.000 billetes estragados por valor de 13,8 millóns de euros
Enterrar o diñeiro para ocultalo é a principal causa de que o Banco de Portugal tivera que repoñer na última década 316.000 billetes estragados por valor de 13,8 millóns de euros.
Un exemplo moi rechamante é o dun inhumado con varios billetes no peto. É a súa familia pediu no seu nome, que eses cartos fosen restituídos debido a queima dos mesmos. Caso que chegou través do Instituto Nacional de Medicina Legal.
Rodeado na sede de Carregado por feixes de billetes mollados, queimados e triturados por roedores, José Luís Ferreira, coordinador da área de Operacións con Efectivo do banco central luso en Carregado, nos arredores de Lisboa.
Lembrou tamén unha ocasión onde se atoparon centos de moedas no fondo das Grutas de Mira de Aire, a 15 quilómetros do santuario de Fátima, que lles chegaron a través dos bombeiros. Eran tantas as moedas que acabaron enchendo nove bidóns.
Moitos dos casos están relacionados co enterro de diñeiro, unha práctica que o responsable relaciona co "instinto humano" de protexer aquilo que se considera valioso.
"O que cremos, e isto é unha especulación, é que as persoas enterran o seu diñeiro porque queren ter a posibilidade de decidir sobre el sen depender dos bancos", comentou Ferreira.
El mesmo confesou non ter "nin idea" dos motivos que levan aos portugueses a gardar efectivo baixo terra. "A creatividade da xente no que se refire a esconder diñeiro non ten límites", asegurou e "ninguén espera xa que do diñeiro brote unha árbore ou unha planta", chanceou.
Os danos máis habituais do diñeiro inhumado teñen que ver coa humidade, o que o ano pasado obrigou ao Banco de Portugal a repoñer 19.983 billetes de 20 euros e 11.933 billetes de 50 euros, os máis comúns.
Os desastres naturais e concretamente os incedios forestais, que arrasaron máis de 220.000 hectáreas no centro de Portugal en outubro do ano 2017supuxeron un aumento da actividade nesta unidade polo "un gran volume de billetes para valorizar", asegurou o experto.
Os cidadáns que queiran repoñer o seu diñeiro estragado poden presentar as súas solicitudes en calquera das nove oficinas do Banco de Portugal repartidas polo país. Logo, a unidade que dirixe Ferreira, composta por unha decena de persoas, encárgase de analizar o diñeiro e, dependendo do seu estado, valorar se cumpre as condicións para ser restituído ou non.
O estudo das moedas e billetes estragados leva a cabo nunha sala diáfana e vixiada por unha trintena de cámaras de seguridade, onde non pode haber baixo ningunha circunstancia ningún empregado a soas, ten que haber como mínimo dúas personas.
Cada traballador escudriña o diñeiro coa axuda de microscopios e escáneres infravermellos para comprobar os danos.
Só se se conserva o 50 % da superficie do billete, se se trata dun orixinal e se se estragou de forma accidental, o banco central luso está obrigado a repoñelo.
Se non cumpre estes criterios de identificación −comúns a todos os bancos centrais da zona euro−, a petición é desestimada e o efectivo retírase de circulación para ser destruído.
En caso de detectar un intento de fraude, o Banco de Portugal debe entregar a información do solicitante á policía e incautarse do efectivo. Polo xeral nestes casos si son billetes falsos, pero ás veces son orixinais manchados da tinta indeleble que os caixeiros soltan como medida antirroubo.