Novas
Novas

Impulsan a marcaxe de candorcas para minimizar interaccións con embarcacións
30/05/2023 12:25
O proxecto identificará a zona en que se localizaron os animais nas últimas horas e tamén elaborará un mapa da súa traxectoria semanal para que os barcos poidan evitar a presenza destes cetáceos

A RAG incorpora a palabra 'chuleta' #DígochoEu
30/05/2023 12:20

O BNG comeza as negociacións para formar un goberno tripartito en Santiago
30/05/2023 12:04
O xoves reúnense co PSdeG e o venres, con Compostela Aberta
A candidata á alcaldesa, Goretti Sanmartín, quere un tripartito "unido, amplo e estable" que estea en disposición de poñerse a traballar canto antes

Amplían ata o 15 de xuño o prazo para solicitar as axudas da PAC
30/05/2023 11:41
Nesta campaña hai 784 millóns de euros para España e inclúen un paquete de 636 millóns de euros de subsidios directos

Catro detidos por roubar con violencia 30.000 euros a dous anciáns no seu domicilio
30/05/2023 10:53
Vese no vídeo difundido pola Garda Civil un deles cunha muller de 82 anos, coas mans atadas, á que ameazou para conseguir cartos
Preparaban para finais de maio outro asalto similar no corredor de Cantabria a Biscaia

Detido un home en Igualada por agredir sexualmente unha muller tras drogala
30/05/2023 10:41
O detido ten antecedentes penais e está previsto que este martes pase a disposición xudicial

Requisan 90 gramos de cocaína e 150 de haxix nunha operación cun detido en Santiago
30/05/2023 09:58
Con este operativo considérase desmantelado un punto negro de venda de drogas

A OTAN intervén nas protestas da minoría serbia contra alcaldes albaneses en Kosovo
30/05/2023 09:52
Houbo 75 feridos nas protestas, entre eles soldados italianos e húngaros
Uxen a Kosovo e Serbia a rebaixar a tensión no norte de Kosovo

José Manuel Rey Varela: "Ferrol contará cuns orzamentos nos primeiros cen días de mandato"
30/05/2023 09:35
O futuro alcalde da cidade departamental destaca que a maioría absoluta que conseguiu o pasado domingo traerá estabilidade despois de oito anos de executivos en minoría

Investigado un home por estafar 47.000 € por Internet a un concello coruñés
30/05/2023 09:33
O ciberestafador enviou varias mensaxes desde un enderezo de correo electrónico que imitaba ser a da empresa coa que o Concello mantiña relación comercial
A Garda Civil logrou paralizar e recuperar 15.100 euros dos 47.305 euros que foron estafados no pago da factura