Labazadas na bancada logo da eliminación de Uruguai a mans de Colombia
Darwin Núñez e Rónald Araújo acabaron na zona dos seareiros golpeándose con afeccionados colombianos
O gol de Lerma mete a Colombia na final contra Arxentina
Lamentable o acontecido unha vez rematou o partido entre Uruguai e Colombia, no que os colombianos selaron o pase á final da Copa América. Darwin Núñez ou Rónald Araújo, xogadores uruguaios, acabaron na bancada a labazadas con seguidores do equipo rival.
Darwin Nunez jumping into the stands to protect his family from drunk Columbian fans! 👊🇺🇾 pic.twitter.com/IAXAVfvHWb
— Football Fights (@footbalIfights) July 11, 2024
Os incidentes ensombreceron a clasificación de Colombia para a final. O solitario gol de Jefferson Lerma chegoulles para facer historia e agora buscarán diante da Arxentina de Messi o seu segundo título continental.
Os cafeteiros tiveron que aguantar todo o segundo tempo en inferioridade logo da expulsión do lateral dereito Daniel Muñoz, que viu o segundo cartón amarelo por bater co cóbado no peito a Ugarte.