Novas
Asociaci%ef%bf%bd%ef%bf%bdn%20col%ef%bf%bd%ef%bf%bdn%20galego
Real Sociedade 0-1 Real Madrid
26/04/2024 22:41
26/04/2024 22:32
O Bidasoa remata coa xeira vitoriosa do Balonmán Cangas
26/04/2024 22:12
Despois de cinco triunfos, o equipo equipo galego perdeu na pista do segundo clasificado (34-23)
Derredeira fin de semana de abril con tintes de inverno
26/04/2024 22:00
Un milleiro de afeccionados arroupará o Celta en Mendizorrotza
26/04/2024 21:42
O cadro vigués visita o campo do Alavés e pode poñer nove puntos de marxe co Cádiz, unha distancia que sería case definitiva
Celta Fortuna e Lugo adiantan os seus partidos á xornada do sábado
26/04/2024 21:13
O filial do Celta recibe o Logroñés (16:30 horas, G2) e pode sentenciar a clasificación á fase de ascenso
O Lugo tamén xoga como local diante do Majadahonda e precisa o triunfo para non verse en problemas
A vía do tren entre Monforte e Ourense seguirá cortada ata setembro
26/04/2024 20:55
O Adif atribúe esta demora a problemas causados polas chuvias nun terraplén entre as estacións de Santo Estevo e Os Peares
O Ourense C. F. terá o domingo a primeira oportunidade de lograr o ascenso
26/04/2024 20:46
A penúltima xornada xógase en horario unificado (domingo, ás 12:00) e veranse os partidos dos equipos galegos nun carrusel na G2
O Fabril-Pontevedra e o Ourense-Oviedo Vetusta poderán seguirse de xeito íntegro por Agalega.gal
Detido o home acusado de acoitelar o cuñado en Vilaxoán
26/04/2024 20:29
Os implicados, de entre 30 e 40 anos, son veciños da Illa de Arousa
O rei de Inglaterra retoma a súa actividade pública o martes despois de tratarse dun cancro
26/04/2024 20:08
O rei e a raíña Camila farán ese día unha visita conxunta a un centro de tratamento contra esa enfermidade
A CE pon obxeccións a fusión de Iberia e Air Europa ao crer que pode subir prezos
26/04/2024 20:06
A Comisión Europea considera que a adquisición da aeroliña por parte de IAG pode reducir a competencia e, así. aumentar os prezos ou disminuír a calidade dos servizos
Iberia asegura que a competencia estará garantida e comprométese a que ningún roteiro quede operado exclusivamente por Iberia e Air Europa
Mar de fondo do noroeste ata os dous metros de altura
26/04/2024 20:00
Recoñecemento a Otero Pedrayo no Abril Oteriano de Ourense
26/04/2024 19:31
Os actos teñen lugar no Liceo da cidade das Burgas
O Conselleiro de Cultura participou na xornada inaugural
Máis terras para produción ecolóxica na comarca da Limia
26/04/2024 19:28
As mulleres e os mozos terán preferencia de acceso
Son 49 hectáreas cedidas pola Deputación de Ourense
O Comité Federal do PSOE deste sábado reconvírtese nun acto masivo de apoio a Sánchez
26/04/2024 18:41
O obxectivo do PSOE é abordar a decisión de Sánchez de cancelar a súa axenda pública e reflexionar ata o luns, cando dará a coñecer se segue como presidente do Goberno
Todas as intervencións que fagan os integrantes deste órgano serán en aberto
Ás 11 hai prevista ás portas de Ferraz unha concentración á que acudirán militantes de toda España
26/04/2024 18:15
O avogado en España da familia do cirurxián advirte que denunciará calquera anomalía
Excarceradas dúas persoas tras envorcar o seu coche na AP-9, en Culleredo
26/04/2024 18:11
As dúas ocupantes que viaxaban no coche quedaron atrapadas, non podendo saír debido ás varandas da estrada
España enviará a Ucraína mísiles antiaéreos de longo alcance Patriot
26/04/2024 17:49
A axuda española inclúe munición de varios tipos, medicinas e kits individuais de primeiros auxilios
Os EUA, Reino Unido, Alemaña e República Checa tamén entregarán mísiles e armamento
Deteñen o fillo do xuíz Conde-Pumpido, acusado de agredir a exparella
26/04/2024 17:10
Quedou en liberdade tras declarar ante un xuíz
Conde-Pumpido xa foi detido o pasado 3 de novembro por unha suposta agresión sexual grupal
Aviso amarelo por bategadas ao oeste
26/04/2024 16:32
Os EUA e tres aliados enviarán a Ucraína munición, Patriots e artillería
26/04/2024 16:07
O Reino Unido, Alemaña e a República Checa tamén facilitarán armamento ao exército ucraíno
Identifican vinte variedades autóctonas de oliveiras en Galicia
26/04/2024 15:45
Agora buscan técnicas que permitan multiplicar a grande escala os cultivos para crear unha denominación de orixe propia
Reme Remedios: "Propoño unha viaxe a través símbolos e asociacións inconscientes nas miñas obras"
26/04/2024 15:45
3 paradas e unha porta (que é un milagre) é unha exposición de debuxos, pintura, colaxes e obra téxtil
A mostra convida a mergullarse na simboloxía das imaxes e poñelas en diálogo co imaxinario individual e colectivo
3 paradas e unha porta (que é un milagre), ata o 18 de maio na Galería Dodo Dadá, Ourense
Eva Comesaña: "Nesta peza quixen bailar dende un corpo mudo"
26/04/2024 15:37
Perder a lingua é a nova proposta interdisciplinar da compañía Eva Comesaña
A obra indaga a relación poética entre o corpo, o territorio e a linguaxe
Perder a lingua represéntase este sábado e o domingo na sala Ártika de Vigo
Rouba nunha xoiería de Bertamiráns facéndose pasar por cliente
26/04/2024 15:35
Pediu ver unhas cadeas de ouro e saíu correndo co mostrario
Idiakez: "O Arenteiro vén cun porteiro, non cun espantallo"
26/04/2024 15:18
Mella, Lucas e Lucas Pérez estarán disponibles
A nova FP implantarase en Galicia nos dous próximos cursos de xeito flexible
26/04/2024 14:55
Pasa a ser dual na súa totalidade e introducirá novos módulos para a empregabilidade
A Coruña acolle as primeiras Olimpíadas de Salvamento Marítimo
26/04/2024 14:54
Levar á práctica moita da teoría que sobre seguridade marítima se aprende nas aulas
Asaltan con violencia un estanco en Pontevedra
26/04/2024 14:39
Na contorna do Centro Galego de Tecnificación de Galicia levan xa meses preocupados polos altercados que viven nesa zona
O último foi o roubo a un estanco, que acabou con varios viandantes agredidos e con desperfectos no mobiliario urbano protagonizados polo suposto autor deste asalto
Viandantes rescatan unha muller atrapada nun sumidoiro de Lugo que caeu ao ceder a tapa
26/04/2024 14:35
A vítima deste accidente camiñaba acompañada do seu fillo de catro anos, que por sorte non caeu con ela
A Giráldez non lle preocupa a baixa de Larsen porque "temos cero dependencia dun xogador"
26/04/2024 14:32
O lateral esquerdo serbio Mihailo Ristic e o centrocampista Damián Rodríguez volven á convocatoria
Por primeira vez na tempada, Kevin Vázquez cae dunha convocatoria por decisión técnica
Unha apicultora de Verea regala trampas para velutinas
26/04/2024 14:27
Ela mesma ten colocadas unhas 200 trampas, pero asegura que non é dabondo para protexer as súas colmeas
Comeza o arranxo integral do firme na N-540 no concello de Guntín
26/04/2024 14:22
As obras forman parte da rehabilitación de case 70 quilómetros desta estrada anunciada polo Goberno
Unha praga de moscas invade Carregal, en Tomiño
26/04/2024 14:19
Os veciños coidan que a orixe pode estar nos fertilizantes
Denuncian que un cliente os intoxicou cun biscoito de marihuana
26/04/2024 14:18
O propietario do bar, súa nai e unha amiga remataron no hospital con sobredose
Descoñecen a intención do seu cliente, que non lles advertiu que o doce contiña droga
26/04/2024 14:17
Subliñan a necesidade de que as institución apoien máis proxectos creativos afastados das lóxicas produtivistas
Estas residencias organízaas a Deputación da Coruña e consisten en 12 días de asesoramento, convivencia e debate
A policía realiza unha redada nun pub da rúa coruñesa do Orzán por segunda vez en dúas semanas
26/04/2024 14:09
Os axentes xa comisaran droga no local hai quince días
Un can de raza perigosa ataca unha muller en Vilagarcía
26/04/2024 14:07
O can non tiña chip identificativo e non levaba bozo
O propietario podería ser sancionado con ata 30.000 euros
A Fiscalía mantén a acusación contra Rato e pide 63 anos de cárcere e 42 millóns de multa
26/04/2024 13:56
O próximo 6 de maio renovarase a vista coa lectura do informe final da Fiscalía
Preacordo entre os bombeiros e o Goberno local de Ourense
26/04/2024 13:49
Despois das protestas desta semana acadaron un acordo para que o 7 de maio se inclúan eses pluses nas súas nóminas