Publicador de contidos
Publicador de contidos

Celta Fortuna e Lugo adiantan os seus partidos á xornada do sábado

Celta Fortuna e Lugo adiantan os seus partidos á xornada do sábado

O filial do Celta recibe o Logroñés (16:30 horas, G2) e pode sentenciar a clasificación á fase de ascenso

O Lugo tamén xoga como local diante do Majadahonda e precisa o triunfo para non verse en problemas

G24.gal 26/04/2024 21:13

Este sábado veremos o filial celeste que recibe o Logroñés en Balaídos. Será ás catro e media da tarde e poderán seguilo en directo pola G2. Os de Fredi buscan amarrar a praza para disputar o play-off de ascenso ante un rival  afundido na penúltima posición da táboa.

Máis complicada é a situación do Lugo, con tres puntos sobre o descenso. Un Lugo que recibe tamén o sábado ás seis da tarde no Anxo Carro o Raio Majadahonda, pechacancelas da categoría e virtualmente descendido. Trashorras fai un chamamento á afección para apoiar o equipo nun momento transcendental da temporada. Os albivermellos acumulan catro xornadas consecutivas perdendo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos