Asaltan con violencia un estanco en Pontevedra
Na contorna do Centro Galego de Tecnificación de Galicia levan xa meses preocupados polos altercados que viven nesa zona
O último foi o roubo a un estanco, que acabou con varios viandantes agredidos e con desperfectos no mobiliario urbano protagonizados polo suposto autor deste asalto
O mozo entrou nun estanco da rúa Padre Fernando Olmedo de Pontevedra visiblemente alterado este xoves á tarde. Pediu un cartón de tabaco que non tiña intención de pagar.
Estas últimas palabras son as do propietario do estanco, que tamén foi agredido por este mozo cando tentaba evitar o roubo. Porque o rapaz volveu coa intención de entrar novamente no establecemento.
"Volveu outra vez. Quería entrarme no almacén, impedinllo e forcexamos os dous e claro como había moita xente dentro xa saltou enriba da xente e agrediu a unha persoa maior".
A policía conseguíu reducilo, aínda que con moito traballo. Os veciños e comerciantes levan meses denunciando inseguridade na zona, que está ao lado do Centro Galego de Tecnificación Deportiva.
"Estase volvendo unha zona conflitiva de persoas e consideramos, eu pola miña parte, que está abandonada".
"Este rapaz non é desta zona. Eu considero que son cousas puntuais".
O mozo tivo que ser trasladado en ambulancia a un centro hospitalario en calidade de detido para poder valorar o seu estado. De feito, foi o causante da rotura dun escaparate de cristal cunha patada durante o altercado.