Unha lotaría especial en Brión: un bar rifa corenta lotes de Nadal montados en carretillas

A celebración da rifa realízase o 22 de decembro, coincidindo co día da lotaría

G24.gal 28/11/2023 16:10

En Brión o día da lotería ten un aliciente máis por enriba de saber se toca o Gordo ou non. Un bar da vila rifa cada ano uns corenta lotes de Nadal, coa curiosidade de que cada un destes lotes vai montado en carretillas. Os premios inclúen doces, viños e xoguetes.

A pesar de que o establecemento se chama O Novo Faro en honor aos país de Rocío, dona do bar, os veciños xa o coñecen como 'o bar das carretillas'. 

A dona do local, Rocío Castro, comentou que a primeira vez que lles veu un provedor a ofrecer carretillas non o tiñan moi claro, de feito tan só venderon dúas.

Con todo, para este ano contan con 26 carretillas, tres delas infantís, dez artesas e dous lotes sorpresa, aínda que é posible que sumen algunha máis. Cada lote ten cen participacións, e lévao o que apostara polas dúas últimas cifras do Gordo. 

"Este ano notamos unha loucura. En xaneiro demos o primeiro premio da Lotaría Nacional, a xente comeza a vir e a coñecernos como o bar da sorte", comentaba a dona de O Novo Faro. Ademais engadiu que en setembro xa fora xente a preguntar polas rifas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade