Sumar desbota a posibilidade de ir xunto ao PSOE nas eleccións galegas

Lois subliña que "nin tería sentido nin se vai producir" que Podemos negocie por separado co PSOE os presupostos

A voceira de Sumar no Congreso, Marta Lois (EFE/ J.J. Guillén) A voceira de Sumar no Congreso, Marta Lois (EFE/ J.J. Guillén)
G24.gal 29/11/2023 10:43

A portavoz de Sumar no Congreso, Marta Lois, asegurou este mércores que non teñen ningún acordo co PSOE para concorrer xuntos ás próximas eleccións autonómicas en Galicia: "Non hai nada que teña que ver con esa coalición".

Lois sinalou que Sumar vai presentar en Galicia "cun programa e unha axenda propia", convencidos de que serán unha forza decisiva de cambio para terminar con "os 14 anos de parálises do PP". "Todo o mundo sabe que as forzas como o BNG ou o PSOE en Galicia non son suficientes.

Necesítase un Sumar forte para ese cambio, para un goberno progresista e aí vai estar, tanto na comunidade galega como en Euskadi", recalcou nunha entrevista en RNE.

Tamén a vicepresidenta segunda, Yolanda Díaz, proclamou que Sumar ten "proxecto propio" en todo o país e rexeita categoricamente que haxa posibilidade de concorrer xunto ao PSOE nas próximas eleccións en Galicia.

Sumar terá unha posición de consenso para negociar os orzamentos

Sobre que Podemos queira negociar pola súa conta os orzamentos xerais do Estado, a portavoz sinalou que "non tería sentido en ningún caso, nin se vai producir" que a formación violeta negocie de maneira unilateral co PSOE. "No noso grupo dirimimos internamente, desde a nosa plurinacionalidade e diversidade, todas as cuestións e neste caso teremos unha posición de acordo e de consenso dentro do grupo para o tema de orzamentos", indicou.

Ao preguntarlle se o regulamento interno que prepara Sumar vai incluír sancións para quen incumpra a disciplina no grupo parlamentario, Lois sinalou que hai regulamentos en todas as organizacións políticas e fanse "coa intención de non aplicalo salvo en situacións moi, moi excepcionais".

E precisou que o regulamento de Sumar centrarase fundamentalmente en sancionar comportamentos violentos, machistas ou xenófobos, ademais de marcar unhas liñas de organización interna. "Esa é a idea, pero a clave é sempre chegar a acordos, a consensos, na dirección sen necesidade de aplicar sancións e imos traballar para iso", remachou.

Sobre a amnistía: "O tempo irá colocando as cousas no seu sitio"

Sobre o rexeitamento de parte da sociedade á lei de amnistía, Lois manifestou que entende que "moitos cidadáns" estean preocupados e dixo que, como cos indultos aos líderes do 'procés', se se traballa e explica ben a medida, "o tempo irá colocando as cousas no seu sitio" e será aceptada como unha boa solución política. Lois ademais defendeu como "valente e necesaria" a querela de Sumar contra o presidente interino do Consello Xeral do Poder Xudicial e os vogais que aprobaron unha declaración contra a lei de amnistía. Criticou que "desde determinados xuíces ou determinadas posicións no Poder Xudicial houbese una certa intromisión no ámbito polí

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade