Rodríguez Costa: "O risco de que o conflito se estenda arrefriou"

O analista en seguridade e defensa nega que Israel estea cometendo un xenocidio

G24.gal 04/11/2023 13:49 Última actualización 04/11/2023 14:02

O analista en seguridade e defensa Rodrigo Rodríguez Costa ten esperanza, a día de hoxe, de que o conflito non se estenda.

"Parece que o ataque de Hamas foi preparado para provocar a Israel a unha resposta militar masiva que dese xustificación a outros actores a entrar en conflito, pero, de momento, aparentemente arrefriou un pouco esa posibilidade, un pouco", afirma.

Rodríguez Costa explica que Israel non acepta pausas porque ten por prioridade destruír toda a infraestrutura de Hamas, pero nega que a intención israelí sexa xenocida.

"O xenocidio implica unha vontade política de exterminar un pobo. Neste caso é diferente. Estamos intentando exterminar a Hamas, que coa súa infraestrutura e como está implantada no terreo provoca moitas vítimas civís. Pero non son ataques indiscriminados, todo o contrario", asegura.

O analista cre que a liberación dos secuestrados por Hamas pode aliviar a situación.

"Agora mesmo os analistas son optimistas respecto a que poida haber unha solución favorable, se non para todos, porque probablemente moitos xa estean falecidos, si para unha parte importante, que poida aliviar nalgún caso as tensións", puntualiza.

Rodríguez Costa sostén que para parar a Israel precísase unha presión internacional maior, sobre todo dos Estados Unidos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade