Recuperando mobles tirados ao lixo para restauralos e darlles una segunda vida

Non hai transacción económica, nin se vende nin se merca

G24.gal 15/11/2023 21:41 Última actualización 15/11/2023 22:01

Unha cadeira usada aparece tirada no lixo. Quen pasa pola rúa e a ve sobe unha foto a unha conta de Instagram indicando a súa localización. Foi así como Lidia deu con ela e acabou por restaurala. 

Amais de restauradora, Lidia é arquitecta e unha das promotoras da conta @stooping_coruna, que agora ten unha comunidade superior ás 5.000 persoas:

"A filosofía é a reciclaxe e a sostibilidade. O que para moitos é lixo ou non lle ve utilidade ou non o necesita para outros é un auténtico tesouro". 

Obradoiros de restauración coma este da cidade da Coruña tamén comparten esta filosofía na súa actividade formativa.

"Como exemplo temos aquí dúas cadeiras que unha alumna atopou en días diferentes no lixo. Unha tiña un acabado en branco e a outra nun ton madeira escuro, pero ambas tiñan unha estrutura similar. Aínda están por tapizar, pero a verdade é que, sen buscalo nin pretendelo, ten un par de cadeiras moi xeitosas", comenta Patricia Muñoz, restauradora de Taller&Co.

Este movemento tamén está activo noutras cidades galegas como Lugo ou Vigo. No stooping nada se vende e nada se merca. Non hai transacción económica. Todo se entrega de balde porque o obxectivo é favorecer un mundo máis sostible.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade