Ciarán trae neve ao interior; Beariz rexistra o récord de chuvia con 100 l/m2

Nas últimas horas acumuláronse 92 litros por metro cadrado, en Entrimo, no sur da provincia de Ourense,  e 90 litros tamén nos municipios de Manzaneda e Fornelos de Montes, os lugares de Galicia onde a borrasca deixou máis chuvia xunto con Beatriz 

Activáronse os niveis de prealerta por risco de rebordamento dos ríos Arnoia, ao seu paso por Baños de Molgas e o Avia, en Ribadavia

Comeza a callar a neve na zona de montaña das provincias de Lugo e Ourense, en aviso amarelo por acumulación de máis de 5 centímetros de neve

G24.gal 02/11/2023 14:21

O concello galego onde máis choveu nas últimas horas foi o de Beariz, en Ourense, onde superaron os 100 litros por metro cadrado. Tamén na provincia activáronse os primeiros avisos do outono por neve e desbordamento dos ríos.

Sen luz tiveron que apañarse como puideron nos negocios do concello ourensán de Beariz. Por mor do forte vento caeron varias árbores sobre a rede eléctrica e quedaron sen subministración. O temporal está a provocar cortes de luz en toda Galicia, cuns 9.800 clientes afectados.

Pero ademais do vento, moita chuvia, en Beariz foi onde máis auga caeu desde a entrada da borrasca e acumulan xa 101 litros por metro cadrado. En Entrimo, no sur de Ourense, acumulan tamén 92 litros por metro cadrado.

Enchente nos ríos da provincia de Ourense

Os efectos do temporal e a cantidade récord de chuvia deixa tamén efectos no nivel dos ríos. Na conca do Miño-Sil activouse a prealerta por risco de rebordamento do Avia, en Ribadavia, e tamén no río Arnoia en Baños de Molgas. 

E veu tamén o frío, nas  zonas máis altas das montañas de Lugo e Ourense, en aviso amarelo, comezou a callar a neve xa en Manzaneda e no alto do Cebreiro. As máquinas e os profesionais están preparados para garantir a seguridade e a mobilidade nas estradas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos