Queixas polos cortes de luz na zona vella de Santiago

En oito días sufriron dous cortes, un deles de tres horas de duración, con prexuízos no plano particular e comercial

Imaxe do edificio que alberga o transformador que fornece vivendas e comerciantes da rúa compostelá do Vilar
G24.gal 26/10/2023 14:13

Tres horas sen luz desde as once da mañá este martes. É o último que tiveron que aguantar residentes e comerciantes da rúa compostelá do Vilar, na contorna da catedral. Algo similar sufrírono seis días antes os mesmos clientes de Unión Fenosa Distribución, UFD, dependentes do transformador que está baixo chave no interior dun edificio alleo á eléctrica, tamén xeralmente pechado. O corte está a ter lugar cando chove moito, polo que piden á empresa do grupo Naturgy un arranxo duradeiro.

Roberto Almuíña, presidente da asociación de veciños Fonsecadi que "ata agora o que fixeron foi vir, cambiar os fusibles e marchar.  A opacidade da compañía eléctrica é total. Ademais cando veñen aquí o sistema de aviso ten moitos fallos".

Almuíña relata o longo percorrido que hai que facer ata poder acceder ao punto desta avaría recorrente e os atrancos existentes para reclamar ante Unión Fenosa Distribución. Mentres, a actividade dos afectados, entres eles moitos comerciantes, paralízase con cada corte, ocasionándolles prexuízos.

Comerciantes da rúa compostelá refírense ao trastorno e perdas que ocasionan os cortes de luz no seu traballo.

Con numerosas reclamacións presentada ante a eléctrica, o representante dos veciños avoga porque UFD afronte a solución do problema directamente e actuando na súa orixe.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade