Puerto Sagunto-Frigoríficos, unha final pola permanencia

O equipo galego cumpriu un ano sen gañar a domicilio na liga Asobal

G24.gal 17/11/2023 13:23 Última actualización 17/11/2023 14:43

O Fertiberia Porto Sagunto, pechacancelas da liga Asobal con só tres puntos, e o Frigoríficos do Morrazo, en postos de promoción de descenso, disputan este sábado unha final pola permanencia en terras valencianas.

O equipo galego, que este mércores cumpriu un ano sen gañar a domicilio na liga Asobal, suma dous puntos máis que o Porto Sagunto, que non celebra un triunfo desde a terceira xornada, cando sorprendeu na súa pista ao Logroño.

O choque está marcado en vermello no calendario de ambos os equipos, sobre todo no dun Frigoríficos que necesita dar un golpe encima da mesa ante os equipos da zona baixa, a súa gran lousa nestas últimas tempadas.

A pasada tempada, os de Nacho Moyano perderon seis dos oito puntos que se xogaron contra os dous equipos que perderon a categoría –Cisne e Guadalaxara-, e este ano xa caeron no Gatañal ante o Blendio Sinfín, outro dos seus rivais directos na pelexa por eludir o descenso.

Para este importantísimo encontro, o técnico do Frigoríficos mantén a dúbida do lateral esquerdo romanés Rares Fodorean e perde ao internacional júnior Manu Pérez tras sufrir unha pequena lesión muscular durante a semana.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade