Cargando resultados...
Posto en liberdade con medidas cautelares o detido polo acoitelamento da Coruña
Posto en liberdade con medidas cautelares o detido polo acoitelamento da Coruña
O ferido foi operado e xa recibiu a alta

G24.gal
21/11/2023 19:03
O Xulgado de Instrución Número 5 da Coruña decretou a posta en liberdade con medidas cautelares para o detido polo apuñalamento deste domingo na Coruña.
O suceso tivo lugar na madrugada do domingo, ao redor das 4:30 horas, nas inmediacións do Casino da Coruña, cando unha discusión entre dúas parellas rematou con esa agresión, en que un dos homes lle cravou un coitelo a outro por detrás.
O ferido foi operado e xa recibiu a alta.