Polo menos tres mortos e oito feridos no incendio dun edificio no norte de París

Os residentes do edificio e os veciños próximos foron aloxados nun ximnasio da zona

G24.gal 25/11/2023 19:43 Última actualización 25/11/2023 20:08

Polo menos tres persoas faleceron e outras oito quedaron feridas no incendio dun edificio residencial no norte de París. Un dos feridos é un neno, que ten lesións graves. Tamén un bombeiro resultou mancado mentres traballaba na extinción do lume. Polo momento, descoñécense as causas do incendio. Os residentes no edificio e os veciños das proximidades foron aloxados nun ximnasio da zona.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade