Piden axuda para localizar un home de 82 anos desaparecido este luns na Coruña

O home falta do seu domicilio na cidade herculina desde este luns

G24.gal 28/11/2023 12:08

SOS Desaparecidos solicitou axuda para localizar un home de 82 anos que falta do seu domicilio na Coruña desde este luns, día 27, segundo informou a través das súas redes sociais.

Trátase de Pedro Jiménez Borja, de 82 anos, 1,75 de estatura, 80 quilogramos, pelo e barba cana e ollos verdes, precisan na información facilitada. SOS Desaparecidos engadiu que se trata dunha persoa con "alta vulnerabilidade".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos