Os capóns de Vilalba rematan o seu proceso de cría

Os animais xa acadaron os cinco quilos de peso e aínda poden medrar máis

A tradicional Feira do Capón terá lugar o 21 de decembro

G24.gal 05/12/2023 20:36 Última actualización 05/12/2023 20:51

Acadar entre 5 e 6 quilos de peso e un engraxamento óptimo da carne. Ese é o obxectivo de meter os capóns nas capoeiras durante o último mes e medio da súa crianza. Aquí levan unha dieta a base de patacas e millo que lles confire o sabor e textura que os converteu nun referente da gastronomía do Nadal. Esta é a fase final, pero os criadores levan dende xuño traballando para ter o mellor produto.

Fernando, un criador de San Simón, decidiu este ano sacar os capóns das capoeiras e deixalos pacer unhas horas ao día ou telos soltos no curral. Un método alternativo á tradición pero co que confía obter unha carne máis consistente e sen que os capóns perdan peso. A meirande parte dos criadores teñen xa vendida a produción porque tratan con clientes dun ano para outro. Con todo, na feira do 21 haberá exemplares suficientes.

Os prezos van oscilar entre os 90 e os 110 euros dependendo do peso e a calidade do animal pero tamén do número de exemplares que leve cada comprador.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar