Jenni Hermoso regresa pola porta grande á selección

A xogadora entrou no minuto 67 e acadou o gol da vitoria diante de Italia nunha das últimas xogadas do partido

G24.gal 27/10/2023 20:02

Jennifer Hermoso selou o seu regreso á selección española por todo o alto, cun gol sobre a bucina que lle deu a vitoria a España diante de Italia (0-1) na Liga das Nacións. A selección campioa do mundo mantén o pleno de triunfos e a ilusión por estaren nos Xogos Olímpicos. 

Non foi un partido doado para España. Italia sacou un entramado defensivo ao máis puro estilo "catenaccio" que complicou moito a tarefa das de Montse Tomé. Nos primeiros quince minutos España tivo un feixe de oportunidades pero non conseguiron abrir a lata e logo adicáronse a defender con uñas e dentes o cero no seu marcador esquecéndose do ataque. 

Probou todo a adestradora ata que no minuto 67 decidiu apostar por Jenni Hermoso, que volvía logo de toda a polémica con Rubiales. Botouse o equipo ás costas e no minuto 89 marcou un gol co que liberou toda a tensión acumulada no persoal e no deportivo. 

0 - Italia: Giuliani; Bartoli (Giacinti, m.90), Lenzini, Linari, Boattin; Di Giuglielmo, Galli (Bergamaschi, m.72),  Carusa, Bonansea (Cambiaghi, m.72); Bonfantini (Glionna, m.61) e Girelli (Greggi, m.72).

1 - España: Cata Coll; Ona Batlle, Laia Alexandri, Laia Codina, Olga Carmona (Oihane Hernández, m.79); Putellas, Bonmatí, Tere Abelleira (Gabarro, m.94); Caldentey (Jenni Hermoso, m.67), Lucía García (Athenea, m.46) e Esther González (Paralluelo, m.46).

Gol: 0-1, m.89: Jenni Hermoso

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos