O Real Madrid pode completar a fase perfecta na Champions ante o Nápoles

Os de Ancelotti levan catro vitorias e reciben o Nápoles, segundo, no Bernabeu

G24.gal 28/11/2023 20:29

Á falta de dúas xornadas para que remate a fase de grupos, o Real Madrid recibe o Nápoles no Bernabeu cos deberes feitos. Quere, iso si, asegurar o primeiro posto no grupo. Unha vitoria clasificaría os italianos, segundos con sete puntos.

Para iso o equipo deberá sobrepoñerse a oito baixas: as de Courtois, Kepa, Militão, Tchouameni, Modric, Camavinga, Guler e Vinícius. O técnico, que non se pronuncia sobre a súa continuidade no club, está obrigado a reinventarse. No último adestramento dos brancos vimos ata nove futbolistas da canteira.

O Nápoles, que volve ter no banco a Walter Mazzarri, nunca lle gañou ao Real Madrid. Facelo este mércores sería o retorno perfecto para o técnico italiano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar