O Rácing visita o Sardinero á busca de confirmar o bo inicio

G24.gal 28/10/2023 13:56

O Rácing rematou de preparar o partido de mañá no Sardinero. Os de Cristóbal visitan ás nove un Rácing de Santander que tamén está a protagonizar un grande inicio de temporada. Catro puntos separan arestora os dous equipos na clasificación, polo que os departamentais se colocarían, se acaban coa súa serie de tres xornadas sen gañar, a só un punto dos cántabros.

Pero o técnico, que segue sen poder contar con Pumar, Chuca e Brais, insiste en que o obxectivo da temporada é a permanencia. Así o dixo logo da última sesión na Gándara. Traballa cos seus para mellorar a mala entrada nos partidos. Pero está moi satisfeito co inicio do Rácing: "Cando se traballa ben, se fan as cousas como se sabe e se deixa todo no campo é para estar orgullosos, pero hai cousas que mellorar". Entre elas, cita a entrada nos partidos, na que se está a traballar. "Se eles están ben e a nós nos costa entrar nos partidos, todo se xunta e son máis perigosos."

Sobre o obxectivo da temporada, Cristóbal é claro: "Todo o mundo é libre de opinar, pero o noso obxectivo é salvar a categoría. Teño claro que temos que consolidarnos nesta categoría".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar