O Rácing sofre a baixa de Héber Pena para enfrontarse ao Burgos
O Rácing sofre a baixa de Héber Pena para enfrontarse ao Burgos
O ferrolán non poderá xogar por problemas musculares
Os de Cristóbal aínda non perderon na casa, mentres os visitantes non puntuaron a domicilio
O Rácing recibe mañá o Burgos na Malata á busca de prolongar o seu bo momento, nun partido en que Cristóbal pode recuperar a súa parella de centrais titular, pero perde a Héber por lesión. Os problemas musculares dun dos xogadores máis en forma déixano fóra do partido, igual que a Brais.
Na Malata hanse enfrontar un conxunto que aínda non perdeu como local, con outro que aínda non sumou ningún punto lonxe do Plantío. En calquera caso, o técnico racinguista quixo fuxir na previa das estatísticas, para que non rachen.
"Non me gustan moito as estatísticas, non son un apaixonado delas. Sobre todo porque en canto falas semella que rompen".
Cristóbal tamén falou sobre a dificultade do encontro: "Vexo un partido complicado, como son todos. Veñen (o Burgos) coa autoestima alta porque veñen de remontar un partido que tiñan moi costa arriba. Imaxino que iso da confianza".